Monday 13 de May de 2024

Xornada de visitas no Concello de Ordes co gallo do 37º aniversario da Constitución Española


Un centenar de alumnos e alumnas do colexio Campomaior e os usuarios e usuarias do curso de Habilidades Sociais pasaron polas dependencias municipais, onde foron recibidos polo alcalde e membros do seu equipo

Co gallo do 37º aniversario da Constitución Española o Concello de Ordes organizou unha xornada especialmente dirixida aos escolares do municipio, así como aos usuarios e usuarias do grupo de Habilidades Sociais de Mesón do Vento.
Dende primeira hora o edificio consistorial encheuse de rapaces e rapazas de segundo e terceiro de Primaria do CEIP Campomaior que, acompañados polo alcalde de Ordes, percorreron todas os andares e visitaron cada un dos departamentos. Unha dinámica que se repetirá de e cara aos vindeiros días, cando sexa o turno para os estudantes do colexio Castelao.
Unha visita da que tamén participaron outros edís como Susana García, Beatriz Martínez Candal, Luis Caamaño ou José Manuel Mira. Cada un deles, así como os demais membros do equipo de goberno, recibiron unha tarxeta de felicitación de Nadal realizada polos integrantes do curso de Habilidades Sociais.

Preocupación polos parques
Unha vez instalados no salón de plenos todas etodo s visitantes tiveron a oportunidade de formular preguntas e resolver dúbidas con respecto á actividade municipal e o labor dos políticos. Tamén foi o momento no que puideron plantexar as súas suxestións ou por de manifesto as súas demandas. As melloras nos parques municipais ou nas instalacións deportivas previstas por parte do departamento de Urbanismo e Educación, foron os puntos máis aplaudidos polos rapaces. Pola súa banda o alcalde tamén lles fixo entrega a cada curso de varios exemplares da Constitución traídos expresamente do Congreso dos Deputados.
Quén sustitúe ao alcalde cando se pon enfermo, Cántas persoas traballan no Concello de Ordes, Cómo se xestionan os cartos públicos, Cántas hora ó día traballa o rexedor ou Cómo se organizan os plenos foron algunhas das preguntas que se puideron escoitar ao longo desta mañá.